venres, 27 mai 2016
O rexedor confía en que a nova Área Metropolitana estea en vigor no próximo mes de outubro, unha vez que o goberno local deu luz verde ao convenio de transporte metropolitano. O acordo inclúe un proxecto de colaboración entre Xunta, Concello e VITRASA.
xoves, 12 mai 2016
Caballero dixo estar "moi contento" pola luz verde que o Consello da Xunta de Galicia deu este xoves á reforma da Lei da Área Metropolitana de Vigo que agora debe continuar a tramitación parlamentaria para poder ser aprobada antes da disolución da Cámara galega.
mércores, 4 mai 2016
O Concello de Vigo enviará este mesmo mércores a súa conformidade a formar parte do transporte metropolitano, o último floco pendente para que o documento entre nas próximas dúas semanas no Parlamento e poida ser aprobado antes das vacacións do verán. Caballero mantivo esta mañá un encontro cos seus homólogos da Área no que se "escenificou o acordo total" para a posta en marcha do ente supramunicipal.
martes, 3 mai 2016
O rexedor vigués sinalou que na xuntanza que manterán mañá máis dunha vintena de alcaldesas e alcaldes da área metropolitana poñerán en común todos os aspectos que contempla a reforma da Lei e, especialmente, quere abordar a eliminación da conexión territorial como requisito para formar parte do ente supramunicipal e que Vigo teña servizos e tratamento de capital de provincia.
luns, 2 mai 2016
Abel Caballero abordará esta cuestión e explicará como se vai producir a incorporación na xuntanza que manterá este mércores coas rexedoras e rexedores da Área Metropolitana. No encontro tamén se tratará o estado da reforma da Lei para a que o alcalde pide celeridade á Xunta de Galicia.
venres, 15 abr 2016
O rexedor vigués recibiu este venres ao seu homólogo de Ponte Caldelas, Andrés Díaz Sobral, para abordar a relación entre os dous municipios e a posible incorporación deste último ao entre supramunicipal, unha solicitude que, de producise, apoiará Abel Caballero porque "socioloxicamente Ponte Caldelas forma parte da área de Vigo e será moi bo" para ambos.
martes, 5 abr 2016
O Concello de Vigo enviou onte luns á Xunta o certicado que da conta da aprobación por parte do goberno local do borrador do proxecto de Lei de Área Metropolitana e as emendas que se prantexan para mellorar o documento. Deste xeito, o proxecto impulsado desde a Xunta xa conta coa validación da cidade polo que xa está en condicións de entrar no Parlamento de Galicia para ser tramitado e aprobado por unanimidade, confía o rexedor.
xoves, 31 mar 2016
Abel Caballero avanzou esta mañá a intención do goberno local de aprobar mañá venres o borrador de Lei de Área Metropolitana que enviou á Xunta, nunha votación na que tamén incluirán as emendas que reclama o Concello. Singularmente, dixo, que Vigo sexa tratada como capital de provincia de cara a contar os correspondentes servizos públicos.
martes, 22 mar 2016
Vigo quere que a Lei de Área Metropolitana incorpore algunhas modificacións como o tratamento da cidade como capital de provincia na dotación de servizos públicos, algúns "matices" sobre o transporte metropolitano ou a non necesidade da condición de contigüidade para integrarse no ente supramunicipal, de maneira que o proceso para a constitución da Área siga adiante. <br />
martes, 8 mar 2016
Abel Caballero enviará unha carta á Xunta de Galicia advertindo das "disfuncións técnicas" que detectou no borrador de lei de área metropolitana que recibiu o pasado venres. Entre outros, Caballero trasladará ao goberno autonómico a necesidade de rectificar os membros do comité de transporte no que deberían estar todos os concellos, tal e como pactaron os rexedores.