martes, 22 set 2015
Abel Caballero respaldou esta mañá a solicitude do alcalde de Vilaboa de formar parte da área metropolitana. Con este municipio, o número de membros deste ente pasaría dos 14 actuais a 18, tendo en conta que tamén solicitaron a súa entrada Tui, Tomiño e A Guarda.
luns, 21 set 2015
Nunha reunión celebrada este luns, o alcalde de Redondela manifestou o interese do seu Concello en impulsar o transporte metropolitano, un punto que o rexedor vigués se comprometeu a estudar en canto o ente supramunicipal estea constituído. Sobre o modelo de xestión, Caballero considera que a cidade olívica non pode ter o mesmo peso que outros concellos máis pequenos e amosou a súa vontade de diálogo con todos os alcaldes e alcaldesas para estudar as modificacións da proposta presentada por Vigo para a Área. <br />
mércores, 16 set 2015
Logo de manter este mércores unha entrevista co alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o rexedor vigués manifestou que "defenderá" a presenza deste concello na Área Metropolitana no caso de que solicite formalmente a súa inclusión. Ademais, Caballero salientou o feito de que arestora hai acordo entre os rexedores de concellos que gobernan 443.000 habitantes para modificar a lei e constituír a Área.
luns, 14 set 2015
Á espera de poder concretar o día do encontro, o rexedor vigués explicou este luns que, pola súa parte, se poderá celebrar "mañá mesmo" porque ten unha prioridade absoluta na súa axenda para esa cita, tendo en conta que Redondela é o segundo concello en poboación da Área Metropolitana de Vigo.
venres, 4 set 2015
Abel Caballero anunciou este venres o envío dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia solicitándolle unha resposta ao planteamento de modificación da lei de Área Metropolitana de Vigo. O alcalde vigués recordou que, segundo o acordado na reunión bilateral Caballero-Feijóo, a mediados de xullo remitiulle a proposta, avalada agora por rexedores que representan a máis do 80% da poboación da área metropolitana.
xoves, 3 set 2015
Tras unha entrevista co alcalde de Salceda, Abel Caballero fixo balance este xoves das reunións mantidas ata agora con rexedores que representan ao 87% da poboación da área metropolitana viguesa e subliñou que todos "compartimos ao 100% o modelo" e a necesidade urxente de reformar a lei existente para que poida funcionar e dotarse de competencias, como o transporte.
venres, 28 ago 2015
Tras unha reunión celebrada este venres na Alcaldía, Abel Caballero destacou a estreita relación que une aos tres concellos e urxe á Xunta de Galicia a que aprobe a reforma da lei de Área Metropolitana de Vigo.
venres, 21 ago 2015
O abastecemento de auga ou o transporte son algúns dos temas que se deben abordar na lei de área metropolitana que debería reformarse o antes posible, segundo manifestaron esta mañá os alcaldes de Vigo e de Gondomar. Durante un encontro que mantiveron esta mañá, ambos mandatarios coincidiron ao cualificar a reunión de moi "satisfactoria."
venres, 28 feb 2014
Este venres celebrouse na sala de xuntas do Concello vigués a sesión da Xunta de Goberno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que tomou coñecemento da proposta, elevada polo alcalde vigués, de nomear como xerente a Magoya Méndez, ata o momento a directora financeira da entidade supramunicipal.
venres, 21 feb 2014
O alcalde informou hoxe venres do cese, a petición propia, de Erika Jaráiz, xerente da Mancomunidade de Vigo ata o momento que se incorpora a tempo completo na Universidade de Santiago como titular interina. Caballero adiantou que rubricará o nomeamento do novo encargado do ente supramunicipal a inicios da próxima semana.