Os orzamentos municipais de 2009 incrementan o gasto un 6%<br />

venres, 24 out 2008

O goberno local aprobou este venres os orzamentos do Concello para 2009, que ascende a 227 millóns de euros, dos que 214 se destinarán a gasto efectivo, un 6% máis que en 2008, e os investimentos reais acadan os 21 millóns de euros, un 4,5% máis que no pasado exercizo. O alcalde salientou o "esforzo" do goberno en humanizacións que, con 9,4 millóns, representa o 45% dos investimentos totais. <br />

O Concello solicitará ao INEGA subvencións para adoptar medidas de aforro enerxético en Vigo

mércores, 8 out 2008

A Xunta de Goberno Local aprobou esta proposta, á iniciativa da Concellería de Medioambiente, que prevé a instalación de melloras na iluminación no Parque Central do Concello e na estrada vella de Madrid con sistemas de baixo consumo. O alcalde, Abel Caballero, deu conta este mérocres desta "batería de actuacións de aforro enerxético" aprobada polo goberno local.