Escoitar

Xunta de Goberno Local

luns, 9 mar 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 10 DE MARZO DE 2009.


1.- Adxudicación provisional da obras de humanización da rúa Sanjurjo Badía (entre Barrio Flores e García Barbón). Expte. 67/440.

2.- Adxudicación provisional das obras de humanización dos ámbitos das rúas Balaídos e Alcalde Portanet. Expte. 77/440.

3.- Adxudicación provisional das obras de humanización do ámbito rúas Estrada e Baiona. Expte. 81/440.

4.- Adxudicación provisional das obras de humanización das obras de humanización dos ámbitos da Praza da Industria (Torrecedeira, entre Santa Marta e Praza da Industria, e Tomás A. Alonso, entre Pi y Margall e Praza da Industria). Expte. 83/440.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión extraordinaria na súa Sala o día 10 de marzo de 2009, ás 13,00 h. en 1ª convocatoria e ás 14,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 9 de marzo de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.