Escoitar

O 48º congreso de Inxeñería Naval e Marítima reunirá en Vigo a 250 profesionais

O Decano Galego do Colexio de Inxeñeiros Navais, Alfonso García Escaso, e o Comisario, José Antonio Lagares, presentaron este venres ao alcalde, Abel Caballero, o 48º Congreso de Inxeñería Naval e Industria Marítima que se celebrará en Vigo os días 25 e 26 de xuño e reunirá a preto de 250 profesionais.

venres, 6 mar 2009
1236349072congreso.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este venres ao Decano Galego do Colexio de Inxeñeiros Navais, Alfonso García Escaso, e ao Comisario, José Antonio Lagares, para presentarlle o 48º Congreso de Inxeñería Naval e Industria Marítima que se celebrará en Vigo os días 25 e 26 de xuño e reunirá a uns 250 profesionais.

O alcalde foi tamén convidado a participar na inauguración do evento que ten por lema a "Industria Naval Española: Actuaciones para ganar el futuro". Este Congreso se celebra anualmente e, en edicións anteriores á de Vigo, visitou cidades como Palma de Mallorca, Madrid ou Sevilla.
Descargar todas as imaxes