Escoitar

A Casa Galega da Cultura amosa a exposición "Encontros diverxentes" da Fundación Igual Arte

"Encontros diverxentes" é unha exposición do traballo artístico das persoas con necesidades educativas especiais da Fundación Igual Arte que se poderá visitar na Casa Galega da Cultura do 6 ao 12 de marzo. A exposición percorreu a bordo dun autobús urbano diversas cidades galegas os pasados meses de outubro e novembro.

xoves, 5 mar 2009
1236260779encontros.jpg
A exposición amosa obras en diferentes soportes artísticos, que van dende o collage e técnica mixta ata esculturas e vídeos expositivos. Estes últimos consisten en gravacións da fundación realizadas co apoio do realizador Julián Maguna onde se poden ver as entrevistas realizadas polo alumnado de Igual Arte aos conductores de Vitrasa, ou o vídeo dunha performance a bordo dun autobús.

A exposición, realizada por 47 alumnos da Fundación Igualarte, ten como núcleo interpretativo o que significado dun autobús urbano. A Fundación Igualarte, é a primeira escola artística de Galicia para personas con necesidades educativas especiais.

A mostra podese visitar de luns a venres: 18.00 – 21.30 h.; sábados: 11.00 – 14.00 ,18.00 – 21.30 h. e domingos e festivos: 11.00 – 14.00 h.
Descargar todas as imaxes