Escoitar

A Regata Desafío Atlántico de Grandes Veleiros estará no salón Vigo Náutica Internacional

A Regata Desafío Atlántico de Grandes Veleiros 2009 estará presente cun stand propio no salón Vigo Náutica Internacional que se desenvolverá do 5 ao 8 de marzo no IFEVI. O stand da Regata ten como obxectivo proporcionar aos visitantes información do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros 2009 que sairá do porto de Vigo o próximo 3 de maio e no que se prevé a participación de grandes veleiros de varios países. As persoas interesadas tamén poderán realizar a solicitude para ser voluntarios e para enrolarse como tripulación neste Desafío.

mércores, 4 mar 2009
1236172258velero1.jpg
A presenza da Regata en Vigo Nau é de gran importancia para dala a coñecer xa que no salón estarán máis de 60 empresas do sector náutico con stand propio procedentes do territorio nacional, así como de Portugal, Francia e Italia.

A Regata dos Grandes Veleros, arribará á cidade olívica nos últimos compases do mes de abril, celebrándose do 30 do mesmo mes, e ata o 3 de maio, os actos de benvenida, recepcións, actividades e loXística do evento.

A Tall Ships Race Atlantic Challenge 2009, percorrerá un total de 7000 millas polo Atlántico Norte. Na primeira etapa, que partirá de Vigo o próximo 3 de maio, os barcos arribarán na illa canaria de Tenerife, onde estarán do 14 ao 17 de maio. O segundo itinerario levaralles das illas afortunadas ata as Bermudas, cruzando o Atlántico para chegar ás súas costas, do 12 ao 15 de xuño. A terceira travesía conducirá á flota ata Charleston, en Carolina do Sur, onde estarán do 25 ao 29 xuño. Na cuarta etapa os veleros navegarán ata Boston, permanecendo do 8 ao 13 xullo. A quinta travesía será ata Halifax, tendo como datas de estancia, do 16 ao 20 de xullo. A sexta será a última etapa, un percorrido entre o continente americano e Belfast, permanecendo en Irlanda do Norte, do 13 ao 16 de agosto, datas nas que se celebrarán os actos de clausura, da singladura oceánica.
Descargar todas as imaxes