martes, 3 mar 2009
O XXIV Congreso Nacional da Sociedade de Nutrición Enteral e Parenteral se celebrará en Vigo do 5 ao 8 de maio e reunirá na cidade a uns 900 profesionais. O alcalde outorgoulle unha "gran importancia" ao evento pola súa repercusión na ocupación hoteleira e no obxectivo municipal de "especializar á cidade" no turismo de congresos, indicou.
martes, 3 mar 2009
O alcalde e a concelleira de Educación presentaron hoxe martes no Colexio Escultor Acuña a edición de 2009 do programa municipal, que levará aos centros de ensino o arte, beneficiando a uns 2.000 escolares. O obxectivo é desenvolver a creatividade no aulmnado de educación primaria.
martes, 3 mar 2009
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, convidou este martes a persoas de todas as idades a participar nas propostas que ofrece o programa "Deporte e só deporte", que organiza a Agrupación Deportiva Xogara. Durante a presentación do programa, o concelleiro destacou que practicar deporte "é sinónimo de saúde", polo que animou á cidadanía a participar nalgunha das alternativas que integran a programación, como cachibol, kinball ou fútbol sala.<br />
<br />
martes, 3 mar 2009
Con motivo da Campaña de Verán 2009, a Concellaría de Xuventude de Vigo, en colaboración con Renfe, procederá un año máis ao sorteo dun billete dobre modalidade GLOBAL PASS, co obxecto de que a mocidade teña a oportunidade de viaxar por Europa e gozar dunha experiencia inolvidable.