O Concello proxecta a renovación urbana de Teis con 5 millóns de euros
O alcalde informou hoxe luns que o goberno local aprobou o proxecto de rexaración do barrio de Teis con 5 millóns de euros de investimento, dos que 4 serían achegados pola Unión Europea e o outro millón proviría das arcas municipais. Mañá martes visitará Teis un membro da comisión europea avaliadora para revisar o barrio e o proxecto. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns da aprobación por parte do goberno local dun proxecto para a renovación e rexeración urbana de Teis, que deberá ser ratificado pola Unión Europea e suporá un investimento de 5 millóns de euros no barrio vigués.
Este proxecto, explicou o rexedor, similiar ao Plan Urban, é froito das conversas municipais co Ministerio de Economía. O proxecto significa a ampliación das dotacións urbanas nas rúas e prazas de Teis, a conservación do patrimonio, a recuperación das praias e accións dirixidas, entre outras, a limitar o impacto paisaxístico en Teis de distintos edificios.
A falta do visto bo europeo, o proxecto contempla unha achega de 4 millóns de euros por parte da Unión Europea mentres que o millón restante procederá dos orzamentos municipais, sinalou Abel Caballero. A este respecto, o alcalde avanzou que mañá martes visitará Teis un membro da comisión europea para avaliar o proxecto presentado.
Descargar todas as imaxes