Escoitar

O Concello adxudica a humanización de 8 rúas máis por valor de 13,6 millóns

O alcalde informou hoxe venres da adxudicación dos traballos de humanización de Sevilla, Valencia, Zaragoza, Illas Baleares, Illas Canarias, Urzáiz, Venezuela e Simón Bolívar, que creará 700 empregos. As melloras se iniciarán o 30 de marzo e se alongarán 6 meses. Abel Caballero salientou que o Concello acordou cos sindicatos que estes vixien que a contratación e a prevención de riscos laborais cumplan "todas as garantías" nas obras.

venres, 27 feb 2009
1235742041P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres en rolda de prensa da adxudicación de obras de humanización en oito rúas da cidade por valor de 13,6 millóns de euros. Os traballos darán comezo o vindeiro 30 de marzo e durarán 6 meses, segundo informou o rexedor, e empregarán a 226 persoas de modo directo e a unhas 700 en total.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, aprobou hoxe estas melloras, "o primeiro bloque de contratacións que estamos a realizar en Vigo" do Fondo Estatal de Inversión Local (Plan E), "o máis importante que se fai en ningún Concello", asegurou Abel Caballero.

O alcalde detallou que se adxudicou as rúas Sevilla e Valencia por 4,3 millóns de euros; a rúa Zaragoza, entre Regueiro e Tarragona, por valor de 666.000 euros; Illas Baleares e Illas Canarias contratouse por 4,2 millóns; Urzáiz, entre Gran Vía e Gregorio Espino, con 3,6 millóns de investimento; Venezuela, entre Gran Vía e Camelias, por 407.000 euros; e Simón Bolívar, entre Venezuela e Ecuador, por 460.000 euros.

Abel Caballero indicou asemade que o Concello está a conveniar cos tres sindicatos maioritarios -UGT, CCOO e CIG- a prevención e o seguemento da contratación das obras de humanización, para vixiar que se compran con "todas as garantías" a Prevención de Riscos Laborais e a contratación e condicións laborais dos traballadores.

O alcalde enfatizou que as contratación do "Plan Zapatero" se están a adxudicar a compañías "pequenas ou medianas con sede en Vigo", e "empresas locais na súa maior parte", e subliñou que "a inmensa maioría" dos contratados "serán traballadores de Vigo", pois será o INEM de Vigo o que os proporcione.

Sumados ás humanizacións iniciadas o pasado mércores con cargo aos orzamentos municipais de 2009, en catro días se investiron 21,5 millóns de euros en melloras de rúas, "máis que en toda a historia da democracia da cidade de Vigo", salientou Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes