Escoitar

A Xerencia de Urbanismo tomou coñecemento dos convenios asinados para a Cidade do Mar

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrado este xoves tomou coñecemento do convenio asinado entre o Concello, a Xunta de Galicia e Zona Franca para o desenvolvemento da Cidade do Mar nos terreos da ETEA; así coma do convenio de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia para a construcción do túnel da rúa Julián Estévez.

xoves, 26 feb 2009
1235655458xerencia.jpg
Reunión anterior da Xerencia, celebrada nas dependencias municipais de Urbanismo
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo celebrado hoxe xoves tomou coñecemento dos convenios asinados para o desenvolvemento e materialización da Cidade do Mar nos terreos da ETEA, ademais do convenio de colaboración rubricado pola Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para a construcción do túnel de Julián Estévez.

O pasado 10 de febrero asinouse entre o Concello de Vigo, a Zona Franca e a Xunta de Galicia o convenio recibido hoxe pola Xerencia de Urbanismo, polo que o Concello recibe máis de 50.000 metros cadrados que inclúen as instalacións deportivas da ETEA no seu estado actual, mentres que no resto do espazo se erixirá a Cidade do Mar, un centro de investigación marítima que reunirá a uns 300 investigadores e o seu custo estimado ascenderá a 130 millóns de euros.

Os convenios pasarán posteriormente á Xunta de Goberno Local para a súa aprobación, mentres que o Consello Executivo da Zona Franca de Vigo, mandatado por unanimidade polo Pleno da entidade, estudará o vindeiro 5 de marzo asumir o custo da reparación das instalacións deportivas que recibe a cidade; moción apoiada por todos os grupos políticos.
Descargar todas as imaxes