Escoitar

O alcalde e o tenente de alcalde presentaron a sexta edición do Salón da Mar e da Náutica

A sexta edición da Vigo Nau -Vigo Náutica Internacional- acollerá a máis de 200 firmas comerciais representadas e terá lugar do vindeiro día 5 ao 8 de marzo nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) e no peirao de A Laxe. Hoxe mércores tivo lugar a súa presentación oficial, coa presenza de representantes da organización, do IGAPE, o Porto de Vigo e Caixa Galicia.

mércores, 25 feb 2009
1235566875vigonau.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentaron hoxe mércores a sexta edición de Vigo Náutica Internacional 2009, o Salón do Mar e da Náutica que se celebrará no IFEVI e no peirao de A Laxe do 5 ao 8 de marzo.

Na presentación oficial participaron asemade representantes da organización así como das entidades colaboradoras: a Autoridade Portuaria de Vigo, o IGAPE e Caixa Galicia, ademáis do Concello de Vigo.

Aínda que as xestións continúan, máis de 60 expositores que representan 200 firmas comerciais xa confirmaron a súa presenza, co que alo menos igualarase a participación do pasado ano. O 85% das firmas son españolas e tamén estarán presentes empresas de Portugal, Italia e Francia. Galicia representa o 70% do total de compañías españolas.

Entre as novidades de Vigo Nau 2009 está a mostra a boia no Porto de Vigo, no peirao de A Laxe, na que se instalarán barcos de luxo, de pesca, de recreo, unha patrulleira e embarcacións da Armada, segundo confirmou a organización.

Vigo Náutica Internacional é o salón náutico de Galicia que acolle a todos os visitantes profesionais que teñan que establecer relacións comerciais co sector na zona oeste da Península Ibérica, así como con todo o público do ámbito nacional que queira ver as últimas tendencias na zona de España con maior número de estaleiros. Este ano estará presente o astaleiro vigués Rodman presentando as súas últimas novidades.

Desde que se iniciou Vigo Náutica Internacional no 2004 o seu crecemento foi imparable, parello só ao crecemento do sector náutico. De feito, o pasado ano, a Feira recibiu 80.000 visitas e 1.500 profesionais.

Vigo Náutica Internacional se entende como centro de negocio da náutica deportiva, non só local senón nacional e internacional, que nesta edición dá un paso máis para desde unha exposición no Porto de Vigo abrirse ás embarcacións de maior eslora e que deste xeito, este sector en plena efervescencia poida mostrar o seu produto de maior valor engadido.
Descargar todas as imaxes