Escoitar

O alcalde acorda cos hosteleros a formación dos porteiros de discotecas

Abel Caballero acordou hoxe luns coa Xunta Directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería que a Policía Local de Vigo imparta cursos de formación e emita autorizacións para aqueles que exerzan como porteiros en locais nocturnos. O alcalde outorga a "máxima importancia" á cooperación acordada cara ao "servizo e a seguridade" dos cidadáns.

luns, 2 mar 2009
1236002269hosteleros.jpg
Alcalde e xunta directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acordou coa Xunta Directiva da Federación Provincial de Empresarios de Hostelería este luns iniciar de modo conxunto cursos de formación impartidos pola Policía Local de Vigo dirixidos aos porteiros das discotecas.

O rexedor outorga a "máxima importancia" á colaboración iniciada formalmente este luns pois considera que este é un tema que "xera preocupación" pola súa trascendencia e require "unha formación específica e multidisciplinar" aos traballadores que lles capacite para ofrecer "o mellor servizo posible aos clientes e as empresas e a máxima seguridade para os cidadáns".

A cooperación establecida hoxe plantexa que a Policía Local imparta os cursos de formación para o persoal de seguridade dos locais nocturnos e ademais emita autorizacións que lles permitan exercer as devanditas funcións. O acordo contempla que a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería asuma os custos do programa.

O alcalde sinalou que a Concellería de Mobilidade, Transporte e Seguridade do Concello de Vigo iniciará os trámites para impartir os cursos de formación que permitan a emisión das autorizacións para exercer.

Marinetea no Desafío Atlántico
Nunha reunión anterior, o alcalde e a Asociación de Antigos Mariñeiros da ETEA e Armada acordaron hoxe luns a incorporación da devandita asociación á Atlantic Challenge, o Desafio Atlántico, que participará na organización e desenvolvemento do evento.
1236002269hosteleros.jpg
1236002328marinetea.jpg
Descargar todas as imaxes