O Goberno valida os convenios para a realización da Cidade do Mar na ETEA
Tal e como informou o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou este luns os convenios relativos á ETEA e a aceptación municipal do dominio dos terreos. Abel Caballero cualificou de "proxecto estratéxico para a cidade de Vigo" o desenvolvemento da Cidade do Mar, que significa 130 millóns de euros de investimento na ETEA viguesa.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, en rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, asegurou que a aprobación dos convenios realtivos á ETEA significan "un gran avance" para a cidade pois supón 130 millóns de euros de investimento no desenvolvemento da Cidade do Mar.
O goberno local aprobou o convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a construcción do túnel de Julián Estévez, que conecta co acordo entre ambas institucións e a Zona Franca de Vigo para o futuro complexo científico e de investigación nos terreos da Escola Militar e polo que o Concello recibe máis de 50.000 metros cadrados de espazos e as instalacións deportivas.
A Cidade do Mar é un "proxecto estratéxico para a cidade de Vigo", salientou o alcalde, que ademais beneficia ao municipio xa que "Vigo recibe terreos e instalacións deportivas por valor de 15 millóns de euros a cambio de nada".
Con respecto á reparación das instalacións deportivas, e co acordo dos tres grupos políticos, o rexedor indicou que o vindeiro 5 de marzo o Concello trasladará a Zona Franca no seu comité executivo o mandato acordado polo Pleno da entidade para que o Consorcio estude facerse cargo do acondicionamento.
Seguridade no Concello
O goberno aprobou hoxe luns outros acordos, entre os que o alcalde destacou o establecemento do control de seguridade nos accesos ao Concello. Así, a "impermeabilización" da seguridade na sede consistorial consistirá na instalación de 7 cámaras de vixiancia nas entradas dos garaxes e nas instalacións da Policía Local.
Autobuses para discapacitados
A Xunta de Goberno validou asemade este xoves un acordo trilateral entre o Imserso, a FEMP e o Concello polo que o primeiro aporta 105.000 euros ao municipio vigués para a instalación de plataformas para os discapacitados en 9 autobuses de 12 metros e en 2 vehículos de 18 metros.
Descargar todas as imaxes