Escoitar
Está previsto que participen preto de 2000 escolares vigueses, que visitarán no seu propio centro a "Mostra Itinerante 2009" especialmente pensada para o seu uso didáctico

A Concellería de Educación pon en marcha o programa "Arte na Aula" en 13 centros escolares

O Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, inaugura o martes, día 3, inicitiva didáctica "Arte na Aula" co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar. <br /> <br />

luns, 2 mar 2009
1236001638arte.jpg
Esta proposta educativa concreta a dinamización da MOSTRA ITINERANTE 2009 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar. A Mostra posibilitará que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.

A Mostra Itinerante 2009 expón en distintos soportes físicos como cabaletes e peanas, diversas pinturas, fotografías, gravados e esculturas de 22 creadores de recoñecido prestixio da nosa cidade, por un periodo aproximado de 10 días.

Artistas que participan na mostra

Andrés Conde; Xavier Magalhaes; Antonio Quesada; Xulio Gil; Antonio Abad; Laxeiro; Ana Legido; Santiago Montes; Antón Pulido; Mª Victoria Fdez. Novoa; Alex Vázquez; Mendez Paz; Abreu Bastos; Mingos Teixeira; Elsa P. Vicente; Xavier Pousa; Xoan Acuña; Rafael Calvo; Rubén Borré; Pedro Dobao; Fernando Quesada e Pedro Solveira.
Descargar todas as imaxes