Abel Caballero presentou o programa "Arte na Aula" no que participan 22 artistas<br />
O alcalde e a concelleira de Educación presentaron hoxe martes no Colexio Escultor Acuña a edición de 2009 do programa municipal, que levará aos centros de ensino o arte, beneficiando a uns 2.000 escolares. O obxectivo é desenvolver a creatividade no aulmnado de educación primaria.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a edil de Educación, Laura L. Atrio, acudiron este martes ao Colexio Escultor Acuña para presentar unha nova edición do programa municipal Arte Na Aula, no que participarán 22 artistas e uns 2.000 escolares de primaria para contribuir ao seu desenvolvemento creativo e artístico.
Esta proposta educativa concreta a dinamización da MOSTRA ITINERANTE 2009 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar.
A Mostra posibilitará que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.
A Mostra Itinerante 2009 expón en distintos soportes físicos como cabaletes e peanas, diversas pinturas, fotografías, gravados e esculturas de 22 creadores de recoñecido prestixio da nosa cidade, por un periodo aproximado de 10 días.
Artistas que participan na mostra
Os 22 artistas que participan son Andrés Conde; Xavier Magalhaes; Antonio Quesada; Xulio Gil; Antonio Abad; Laxeiro; Ana Legido; Santiago Montes; Antón Pulido; Mª Victoria Fdez. Novoa; Alex Vázquez; Mendez Paz; Abreu Bastos; Mingos Teixeira; Elsa P. Vicente; Xavier Pousa; Xoan Acuña; Rafael Calvo; Rubén Borré; Pedro Dobao; Fernando Quesada e Pedro Solveira.
Descargar todas as imaxes