Escoitar

O centro de Vigo rememora a Reconquista o sábado 7 de marzo con diversos actos e recreacións históricas <br />

Uns cincoenta recreadores históricos serán os encargados de rememorar a Reconquista de Vigo o próximo sábado nuns actos que comezarán ás 12 do mediodía cun desfile pola rúa do Príncipe e rúa Colón, ata os xardíns de Montero Ríos, e rematarán sobre as 18 horas., cunha reconstrución dunha batalla nas inmediacións da Estación Marítima. As actuacións estarán a cargo de "The Royal Green Jackets", especializados na reconstrución de feitos históricos, principalmente na época da Guerra de Independencia.

xoves, 5 mar 2009
Os actos, organizados pola Tenencia de Alcaldía de Vigo, levan a todas as esquinas da cidade estas actuacións como preludio da celebración do bicentenario da Reconquista, o vindeiro 28 de marzo. As recreacións, que comezaron a pasada fin de semana en Bouzas, seguirán, tras pasar polo centro da cidade, nos barrios do Calvario, Teis e Praza da Independencia.

Inauguración da exposición
O luns, inaugurarase a exposición "Reconquista: 1809-2009". Será ás 19:00 horas e contará cunha montaxe excepcional onde "The Royal Green Jackets", que formarán na entrada do Pazo de Castrelos, sede da exposición. Corenta actores ataviados para a ocasión segundo a época histórica, amenizarán a inauguración xunto a catro xinetes a cabalo e un canón, que efectuará salvas de honra na chegada dos convidados.

A inauguración oficial contará coas intervencións do tenente de alcalde, Santi Domínguez Olveira; o coronel-director do Museo Militar Regional de A Coruña, José Navas Ramírez-Cuadradok, e o alcald e de Vigo, Abel Caballero.

"The Royal Green Jackets" foi fundada no ano 1996 coma asociación histórico cultural. Os fins da asociación son a divulgación dos feitos históricos recreados dende unha perspectiva realista e documentada. As súas actividades son moi variadas e abraguen disciplinas como a investigación histórica, o documentalismo e a museoloxía, colecionismo de obxectos históricos, cine histórico, música militar e a reconstrución de feitos vinculados especialmente á Guerra da Independencia.