Escoitar

O centro de saúde de Navia custará 2,3 millóns de euros e atenderá a 30.000 vigueses

O alcalde, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves que Urbanismo concedeu a licencia de obra e actividade para o Centro de Saúde en Navia, un edificio de dous andares e 3.400 metros cadrados de superficie que contará con áreas de medicina xeral, pediatría, atención obstétrica, odontología, asistencia social e ciruxía menor. A validación urbanística supón o "paso definitivo" para a súa construcción, salientou o rexedor.

xoves, 5 mar 2009
1236261771P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da concesión das licencias de obra e actividade do futuro Centro de Saúde de Navia, que dará servizo a 30.000 vigueses cun investimento para a execución de 2,33 millóns de euros.

O visto bo do departamento municipal de Urbanismo supón o "paso definitivo para a construcción" da instalación, indicou o rexedor, que recibiu asemade a validación do seu proxecto arquitectónico.

A futura dotación ocupará 3.400 metros cadrados de superficie, dos que 2.800 serán útiles, contará con dous andares: o superior albergará as áreas de asistencia sanitaria, educación para a saúde e servizos xerais; e o inferior estará reservado para persoal e os restantes servizos do Centro.

O alcalde explicou que o Centro de Saúde presentará, dentro do seu programa funcional, 17 consultas de medicina xeral e 14 de enfermería; 6 consultas para a área pediátrica; un área de atención obstétrica cunha consulta para a matrona e sala de educación maternal; un área de odontoloxía con consulta e hixienista dental; e unha sala de ciruxía menor e tres espazos polivalentes máis.

Das 30.000 tarxetas sanitarias que se asignarán á dotación, 20.000 corresponderán a residentes en Navia e as restantes a zonas adxacentes, segundo adiantou o alcalde. Abel Caballero subliñou asemade que, na actualidade, está previsto a construcción do Centro de Saúde de Bouzas, cos terreos municipais xa cedidos á Xunta de Galicia á falta do proxecto constructivo. Xunto a ambos, o Concello está pendente dos do Calvario-Aragón, a Seara, Balaídos e outro no centro da cidade.
Descargar todas as imaxes