Escoitar

Urbanismo informa favorablemente do proxecto de carril bici a Ramallosa

O alcalde salientou que o proxecto atense á normativa prevista polo Plan Xeral de Ordenación Municipal nos ámbitos aos que afecta a Vigo, polo que "non hai ningunha inxerencia". A Xerencia de Urbanismo tomou este xoves coñecemento do informe elaborado polos técnicos municipais de Urbanismo sobre a adaptación do plan de seguridade viaria da PO-325. <br />

xoves, 5 mar 2009
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este xoves tras a sesión ordinaria do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo que os técnicos deste departamento emitiron un informe favorable ao proxecto de seguridade viaria da PO-325, o chamado carril bici a Ramallosa, no seu tramo polo municipio vigués.

Segundo indica o informe, e tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa posterior á Xerencia, os técnicos municipais consideran que "non hai ningunha inxerencia" do proxecto elaborado pola Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia sobre a normativa que establece o Plan Xeral de Vigo.

O alcalde valorou como "un avance para a cidade" un proxecto que inclúe a mellora da seguridade viaria do traxecto así coma a implantación dun carril de uso exclusivo para as bicicletas.