Escoitar

Abel Caballero e Santi Domínguez inauguran unha renovada Vigo Nau con 70 expositores

A sexta edición do Salón Náutico de Galicia inaugurouse hoxe xoves no IFEVI coa novidade principal da ampliación da súa mostra por primeira vez á dársena de A Laxe. A Feira permanecerá aberta ata o vindeiro domingo 8 de marzo con máis de 200 firmas representadas e actividades complementarias para profesionais e afeccionados.

xoves, 5 mar 2009
1236262170nao.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, inauguraron este xoves a sexta edición de Vigo Náutica Internacional 2009, Vigo Nau, que permecerá aberta ata o vindeiro domingo 8 de marzo no IFEVI e tamén por primeira vez na dársena de A Laxe.

Uns 70 expositores que representan a máis de 200 firmas comerciais están presentes na Feira, co que se iguala a participación do pasado ano. O 85% das firmas son españolas e tamén estarán presentes empresas de Portugal, Italia e Francia. Galicia representa o 70% do total de compañías españolas.

Entre as novidades de Vigo Nau 2009 está a mostra a boia no Porto de Vigo, no peirao de A Laxe, na que se instalarán barcos de luxo, de pesca, de recreo, unha patrulleira e embarcacións da Armada, segundo confirmou a organización.

Xunto aos expositores, Vigo Nau 2009 conta con distintas actividades complementarias e paralelas dirixidas tanto a un público profesional como amateur. Así, os visitantes poderán participar en bautismos de mar, exhibicións de modelismo naval, visitas á goleta Giralda, paseos pola ría ou unha exposición de fotografía subacuática.
Descargar todas as imaxes