Escoitar
Xerencia de Urbanismo

APROBACION INICIAL DE BASES E ESTATUOS AREA DE PLANEAMENTO REMITIDO (APR) A-5-39 VIA NORTE (EXPTE. 4843/401)

<br /> <br /> <br />

venres, 6 mar 2009
A Xunta de Goberno Local en sesión do 12 de febreiro de 2009 acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da Xunta de compensación da área de planeamento remitido (APR) A-5-39 VIA NORTE, tramitados a instancia da entidade mercantil Slink, SL, como propietaria de máis do 50% da superficie do polígono.

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días mediante publicación no Boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun dos xornais de maior circulación.

O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate dos vinte días contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, para todas as persoas interesadas directamente afectadas que por resultar descoñecidas ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificadas persoalmente