O alcalde e a directora do conservatorio acordan coordinar accións para integralo na cidade
Abel Caballero e Isabel Figueroa mantiveron este luns un encontro no que acodaron a colaboración de ambas entidades para realizar accións que integren ao Conservatorio Superior de Música de Vigo na cidade. Ademais, segundo avanzou o alcalde, se potenciará a coordinación do Conservatorio coa Escola de Música e a Escola Superior de Arte Dramática.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a nova directora do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Isabel Figueroa, acordaron este luns conveniar accións dirixidas a integrar o organismo na cidade.
Segundo explicou o rexedor en conferencia de prensa posterior a reunión, a dirección do Conservatorio presentou unha "proposta moi interesante de cooperación", que permitirá que a cidade aproveite as capacidades da entidade a prol da cidade.
Ademais, o alcalde indicou que se potenciará a coordinación entre o Conservatorio Superior de Música de Vigo, a Escola de Música e a Escola Superior de Arte Dramática.
Descargar todas as imaxes