Xunta de Goberno Local
O Concello distribúe 1.600 entradas entre diferentes colectivos da "grada cidadá" de Balaídos
venres, 30 set 2016A Xunta de Goberno Local aprobou o convenio co Celta para retomar o reparto de entradas esta temporada entre colectivos sociais. Tamén deu o visto bo ao convenio de colaboración co Rápido de Bouzas para a cesión das instalacións deportivas, que inclúe o pagamento de 40.000 euros anuais polo canon ao Porto, e aos convenios coa Fundación Secretariado Xitano, por valor de 16.000 euros, e coa Asociación de Veciños Fonte do Galo.
O Goberno vigués destina 20 millóns de euros en catro anos ao servizo de axuda no fogar
mércores, 28 set 2016A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á clasificación de ofertas da contratación deste servizo de dependencia e tamén ao convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Novo Vigo para financiar con 5.000 euros o aluguer do seu local e ás subvencións para entidades de carácter social por un importe de 50.000 euros. <br />
O Concello contrata a subministración de 500 bancos para o mobiliario urbano
luns, 26 set 2016Con esta nova remesa, os bancos dispoñibles na cidade superarán os "4.000" segundo explicou Abel Caballero que tamén informou da adxudicación do servizo de educación permanente de adultos á Asociación de Mulleres Progresistas que incrementará as horas de formación pola demanda do alumnado
O Concello apoia con 15.000 euros a acción sindical de Comisións Obreiras
mércores, 21 set 2016Abel Caballero asinou este mércores o convenio coa responsable da unión comarcal de CC.OO en Vigo, Amelia Pérez, segundo o cal o Concello respalda e fomenta as actividades do sindicato. Tamén en materia de emprego, o goberno de Vigo vén de conceder 30.000 euros a dúas entidades sen ánimo de lucro para proxectos de investigación, innovación e emprego.
O goberno de Vigo aproba a reforma do campo de fútbol do Carballal por 680.000 euros
luns, 19 set 2016A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación do servizo de aplicacións informáticas por un importe de 139.000 euros e o servizo de mantemento e reparación dos contedores soterrados por un valor de 70.062 euros. A renovación do campo do Carballal sae a licitación por 680.000 euros
O alcalde pon en valor os sistemas eléctricos da cidade que resistiron a "forte" tormenta eléctrica do xoves
venres, 26 ago 2016O alcalde de Vigo felicitou esta mañá á empresa eléctrica e os servizos técnicos municipais pola boa resposta que tiveron os sistemas eléctricos da cidade na madrugada do pasado xoves cando se rexistrou unha descarga eléctrica "fortísima e profundísima". Ademais, a Xunta de Goberno Local aceptou dous obradoiros de formación e emprego e autorizou o préstamo de varias obras do Museo Quiñones de León.