luns, 20 xuñ 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén ao convenio de colaboración coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo que destina 25.000 euros para 108 actuacións do programa "Vigo, un mar de corais". O convenio coa Federación de Bandas Populares apoia o ciclo de concertos das nove formacións viguesas en toda a cidade. Ademais, está aberto o prazo de solicitude do boni-taxi para as persoas discapacitadas.
venres, 17 xuñ 2016
Os proxectos de humanización destas tres rúas recibiron hoxe o visto bo da Xunta de Goberno Local de maneira que, segundo o alcalde, con este orzamento o Concello fará "máis humanizacións que cada un dos alcaldes antes de que eu chegara". Ademais o Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou a cesión de catro vivendas sociais para que a Concellería de Igualdade as inclúa na rede de vivendas de protección para mulleres.
venres, 10 xuñ 2016
Caballero informou este venres do visto bo dado aos proxectos de obras para a remodelación da Avenida de Castelao, entre as rúas Redondela e Porriño, e da primeira fase da Vía Norte, entre a Travesía de Vigo e Escultor Gregorio Fernández. O Concello destina para ambas humanizacións un total de 1,6 millóns de euros.
mércores, 8 xuñ 2016
O Concello deu luz verde ás bases para que as asociacións veciñais e culturais da cidade poidan optar a subvencións que lles permitan desenvolver as súas actividades. Os 282.000 euros desta convocatoria distribuiranse en réxime de concorrencia competitiva.
xoves, 2 xuñ 2016
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras para as subvencións de fomento do emprego en contornas colaborativas, o denominado coworking, cunha partida de 30.000 euros que se ampliará se fose necesario, segundo anunciou o alcalde. Caballero avanzou tamén a aprobación do expediente de contratación do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas e o expediente do servizo de mantemento e conservación do Parque do Castro.
xoves, 26 mai 2016
O goberno local quere seguir a cooperar coa mellora da accesibilidade en edificios polo que ven de aprobar novas axudas para a instalación de ascensores. As novas achegas ascenden a preto de 50.000 euros. <br />