Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 29 dec 2016
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 30 DE DECEMBRO DE 2016.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 16 de decembro, e extraordinaria e urxente do 19 de decembro

ADMÓN. ELECTRÓNICA
2.- Proposta de aprobación do documento "Política de Seguridade da Información" dentro do marco normativo do Real Decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade. Expte. 6870/113.

CONTRATACIÓN
3.- Clasificación de ofertas para a contratación dos servizos de mantemento das instalacións, técnicos, auxiliares e docentes complementarios para o funcionamento das piscinas cubertas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e os ximnasios de Travesas e o Berbés. Expte. 14892/333.

DEPORTES
4.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Ciudadana de Lucha contra la Droga (ALBORADA) para a exención do pago do prezo público pola utilización da piscina e ximnasio municipal de Teis para o desenvolvemento dun programa de actividade física dirixido a persoas con problemas de toxicomanía. Expte. 366/611.

5.- Proxecto de convenio de colaboración co Centro público IES A Guía pola utilización da instalación municipal do Complexo deportivo municipal de Travesas para impartir docencia das clases de ciclo superior en actividades físico deportivas. Expte. 384/611.

EMPREGO
6.- Recoñecemento dos dereitos económicos pola asistencia a tribunais de selección de beneficiarios Vigo Emprega 2016-2ª quenda". Expte. 13497/77.

IGUALDADE
7.- Aboamento de cotas da Comunidade de propietarios da vivenda identificada como centro de servizos sociais denominada "Vivenda de protección de vítimas de violencia de xénero I" co nº E-638-C-6. Expte. 7406/224.


RECURSOS HUMANOS
8.- Dietas do órgano de selección da bolsa de emprego de oficiais pavimentadores/as por importe de 1839,90€. Expte. 27577/220.

9.- Dietas do órgano de selección de Inspector/a de Medio Ambiente (OEP 2010-2011) por importe de 694,56€. Expte. 27756/220.

10.- Abono incentivo á xubilación anticipada ao persoal municipal. Expte. 29089/220.

11.- Proposta de contratación en réxime laboral fixo con cargo a unha praza vacante de Oficial condutor (OEP 2010/2011). Expte. 29171/220.


URBANISMO
12.- Modificación da relación de postos de traballo da Xerencia municipal de Urbanismo. Expte. 9120/407.

13.- Complemento de produtividade polos traballos de realización do novo Plan Xeral de Ordenación municipal. Expte. 9315/407.

14.- Complemento de produtividade aos administrativos de planeamento-xestión. Expte. 113/417.


XESTIÓN MUNICIPAL
15.- Dar conta da resolución de data 18/11/16 de constitución do Grupo de Traballo Sectorial do Rexistro electrónico e Grupo de Traballo Sectorial do Esquema Nacional de Seguridade e Esquema Nacional de Interoperabilidade. Expte. 88/1102.

16.- Dar conta da resolución de data 16/12/16 de constitución do Grupo de Traballo Sectorial de Contratación electrónica. Expte. 88/1102.

17.- Dar conta da resolución do 27/12/16, de modificación da composición do Grupo de Traballo Sectorial de Rexistro electrónico. Expte. 88/1102.

18.- Rogos e preguntas.





DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 30 de decembro de 2016, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, na data da sinatura dixital.

A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Olga Alonso Suárez.

O ALCALDE,
Abel Caballero Álvarez