Goberno de Vigo e Deputación acordan a cesión e humanización da rúa Emilia Pardo Bazán
O alcalde vigués informou hoxe mércores da aprobación do convenio na Xunta de Goberno Local, un acordo que se asinará o venres e que contempla a cesión da titularidade da antiga Estrada Provincial ao Concello e a súa humanización, sufragada na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra.
Abel Caballero deu conta este mércores da aprobación do proxecto do convenio coa Deputación de Pontevedra para a cesión da titularidade da rúa Emilia Pardo Bazán, a antiga Estrada Provincial, e a súa humanización.
O alcalde, quen avanzou que o convenio será rubricado o próximo venres, explicou que a memoria cifra en tres millóns de euros o custo total da remodelación da vía, que serán abonados na súa maior parte pola institución provincial presidida por Carmela Silva.
A Deputación de Pontevedra, indicou Caballero, transferirá este mesmo ano 770.000 euros e, o próximo 2017, por enriba dun millón de euros. No 2018 farase cargo o Concello.
Avenida das Camelias
A Xunta de Goberno Local deu asemade luz verde á clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a contratación das obras de humanización da Avenida das Camelias, no treito comprendido entre Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez. Apuntou Caballero que o importe do contrato ascende a 778.000 euros, un 22% menos do millón de euros no que se licitara esta nova fase da remodelación da Avenida.
Deporte
Por último, a Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de instalación de novos pavimentos deportivos na pista vermella do complexo deportivo das Travesas e no pavillón de Teis, por un importe total de 220.000 euros. Caballero aseverou que os novos pavimentos serán elásticos, óptimos para a práctica deportiva.
Bancos
O goberno de Vigo está a instalar en distintos puntos cidade un total de 251 bancos, segundo revelou Caballero esta mañá. Case que noventa destes son de tipo alpino, lacados en branco como os que están emprazados na rúa do Príncipe ou na Alameda. "Seguramente hoxe os ven vostedes colocar en Urzáiz", en verbas de Caballero, unha zona solicitada pola veciñanza, ademais de Colón e Policarpo Sanz.