mércores, 28 dec 2016
O alcalde vigués informou hoxe mércores da aprobación do convenio na Xunta de Goberno Local, un acordo que se asinará o venres e que contempla a cesión da titularidade da antiga Estrada Provincial ao Concello e a súa humanización, sufragada na súa maior parte pola Deputación de Pontevedra.
mércores, 28 dec 2016
Para Abel Caballero o presuposto de 2017 é "magnífico e o máis importante da historia" e servirá para continuar coas humanizacións, os parques infantís, o apoio ao deporte e a creación de emprego.
mércores, 28 dec 2016
O alcalde reuniuse este mércores con membros da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Pontevedra que lle manifestaron a súa "total oposición" a calquera intento de frear a chegada da alta velocidade a Vigo.
mércores, 28 dec 2016
Mañá xoves, ás 11 horas, reunirase por primeira vez a Xunta de Goberno Metropolitana, no edificio municipal de Areal. Na orde do día, explicou Abel Caballero este mércores, dar conta dos concellos que solicitaron a súa adhesión e a elaboración do Plan Metropolitano Cuadrienal. "A Área Metropolitana de Vigo vai empezar a tomar decisións en favor dos cidadáns", saudou o alcalde vigués.