O Concello aproba unhas contas para 2017 "de gran contido social, inversor e de fomento do emprego"
A Corporación aprobou definitivamente o orzamento de 2017, que ascende a 233 millóns, cos votos do goberno de Vigo e a negativa da oposición. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, citou o gasto social, os investimentos e o emprego como liñas prioritarias, salientando que o Concello non ten débeda algunha cos bancos.