O Concello organiza actividades infantís dende hoxe no Parque Xurásico de Nadal
O alcalde deu a coñecer algunhas das propostas que acolle o Auditorio Mar de Vigo, dende este luns e ata o xoves 5 de xaneiro, para nenos e nenas dende os 0 ata os 12 anos centradas arredor do xurásico e con entrada gratuíta.
Este luns 26 de decembro abre as súas portas o Parque Xurásico de Nadal que organiza o Concello no Auditorio Mar e que ofrecerá actividades infantís ata o 5 de xaneiro en horario de mañá (entre as 11:30 e as 13:30 horas do mediodía) e de tarde (dende as 16:30 ata as 20:30 horas).
Abel Caballero explicou que, con este parque infantil centrado na temática do período xurásico, o Concello quere proporcionar "diversión aos máis pequenos da casa nas vacacións de Nadal". Así, as actividades de ocio e de aprendizaxe son de balde ata completar o aforo do recinto e están pensadas para nenos e nenas de entre 0 e 12 anos de idade.
Entre as propostas que poden atopar os máis pequenos están a Tribosauria de Vigo, talleres como O xardín de Minisauria, manualidades en Dinoartistas, maquillaxe, obradoiros artísticos baixo o nome O bosque dos ecosaurios ou A terra das saurias, xogos con globos, Dinolaboratorio para aprender técnicas de investigación e xogos sensoriais e psicomotrices.