O goberno de Vigo adxudica catro novas humanizacións por 2 millóns de euros
O alcalde informou este luns das propostas de adxudicación de humanizacións aprobadas pola Xunta de Goberno Local. Por un total de 2.037.000 euros, o Concello acometerá novas fases da mellora das Camelias e Castelao e iniciará as remodelacións das rúas Estorniño e Llorente
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns de catro novas humanizacións que foron adxudicadas polo goberno local, por un total algo superior aos dous millóns de euros.
O goberno de Vigo adxudicou as obras de remodelación da terceira fase da Avenida das Camelias, no treito comprendido entre as rúas Doutor Marañón e Juan Ramón Jiménez, por importe de 778.000 euros. O Concello deu luz verde ao mesmo paso administrativo para continuar a humanización da Avenida Castelao, entre as rúas Redondela e Porriño, desta volta cun orzamento de 212.000 euros e unha baixa do 15% sobre o importe de licitación.
Abel Caballero trasladou igualmente a decisión do goberno vigués de adxudicar as obras de humanización de Estorniño e Llorente. No primeiro caso, o Concello reformará Estornino, entre Gregorio Espino e Xílgaro, cun orzamento de 872.000 euros -unha baixa do 24% sobre a licitación-, mentres que a primeira fase da remodelación da rúa Llorente conleva un investimento de 175.000 euros.
Bombeiros
O alcalde de Vigo informou asemade da adxudicación do subministro para a reposición de diversos aparatos para o servizo municipal de Bombeiros: un grupo de aspiración, un equipo de excarceración, un xerador e un compresor, por un total algo superior aos 207.000 euros.