O Concello aumenta un 6,63% as axudas a familias, que acadan os 2.572.000 euros
A convocatoria de 2017 do programa de axudas a familias para sufragar gastos de aloxamento, enerxía e alimentación vén de aprobarse na Xunta de Goberno Local co fin de sufragar gastos de familias vulnerables. Nesta convocatoria, segundo explicou o rexedor, mellórase a cobertura de unidades unipersoais.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases do "Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación para o ano 2017 que conta cun presuposto total de 1.640.000 euros para atender as solicitudes seleccionadas e 40.000 euros máis para atender eventuais recursos dos solicitantes.
Abel Caballero explicou que o programa está dirixido a persoas ou familias vulnerables en situación de necesidade para cubrir os seus gastos de aloxamento de vivenda habitual, ben sexa alugueiro, amortización de créditos hipotecarios ou aloxamentos provisionais; para aboar facturas de subministros de electricidade e gas e para alimentación. "En Vigo hai recursos para evitar os desafiuzamentos, os cortes de luz e gas e a alimentación" da cidadanía, sinalou, e o "importante é adiantarse á ameaza" de que xurdan estas necesidades.
Así, indicou que o Concello dedica a desafiuzamentos, enerxía e alimentación no ano 2017 un total de 2.572.000 euros, sumando os 842.000 euros do Programa municipal contra desafiuzamentos e emerxencia social e os 50.000 euros do programa de melloras no fogar. Isto significa un aumento na partida, respecto a 2016, de 160.000 euros, un 6,63% máis. A isto cómpre sumar as axudas aos comedores sociais (entorno aos 300.000 euros), o albergue (800.000 euros anuais) e as bolsas comedor que chegan case aos dous millóns de euros.
Os solicitantes do programa de axudas a familias deben cumprir unha serie de requisitos para acceder ao mesmo, entre eles, a residencia en Vigo cunha antigüidade mínima de 3 aos, a residencia dos membros da unidade familiar na mesma vivenda ou que a renda da persoa ou unidade de convivencia, una vez descontado o gasto de aloxamento, non supere os límites seguintes: un membro: 275 euros, dous membros: 325 euros, tres: 400 euros, catro membros: 450 euros, cinco: 500 euros e 6 ou máis: 550 euros. Desta maneira, segundo expuxo o rexedor, "aumentamos a cobertura para persoas que viven soas".
Exención e pago comunidade vivenda protección vítimas
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de convenio de colaboración do Centro Público IES A Guía pola utilización da instalación municipal do Complexo deportivo municipal de Travesas para impartir docencia das clases do ciclo superior en actividades físico deportivas, cun importe de 3.600 euros e o abono das cotas da comunidade de propietarios dunha das vivendas de protección das vítimas de violencia de xénero.