Xunta de Goberno Local
O Concello contará con 60 socorristas este verán para a vixilancia das praias de Vigo
venres, 29 mai 2015O alcalde de Vigo deu conta este venres da aprobación do convenio coa Cruz Vermella para a prestación da asistencia de primeiros auxilios e transporte sanitario en dez praias da cidade, do 15 de xuño ao 15 de setembro. O goberno local adica 156.000 a este servizo de socorrismo, que non sufriu ningún recorte nos últimos anos.
O goberno de Vigo apoia con 40.000 euros a edición 2015 de "O Marisquiño"
venres, 29 mai 2015O alcalde deu conta dos principais asuntos abordados na Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que salientou a aprobación do convenio para respaldar con 40.000 euros a celebración deste evento, que terá lugar no centro da cidade do 7 ao 9 de agosto. Abel Caballero avanzou que "O Marisquiño", un referente nacional e internacional de deportes de acción e cultura urbana, continuará en Vigo nos próximos anos.
O goberno de Vigo aprobou os programas de calidade para as fases finais das humanizacións de Gregorio Espino e Gerona
venres, 15 mai 2015Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos programas de calidade dos traballos de humanización que o Concello ultima en Gregorio Espino e en Gerona, ambos nas súas primeiras fases e cun investimento conxunto superior ao medio millón de euros.