venres, 29 mai 2015
O alcalde deu conta dos principais asuntos abordados na Xunta de Goberno Local deste venres, entre os que salientou a aprobación do convenio para respaldar con 40.000 euros a celebración deste evento, que terá lugar no centro da cidade do 7 ao 9 de agosto. Abel Caballero avanzou que "O Marisquiño", un referente nacional e internacional de deportes de acción e cultura urbana, continuará en Vigo nos próximos anos.
venres, 15 mai 2015
Segundo informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local deu luz verde aos programas de calidade dos traballos de humanización que o Concello ultima en Gregorio Espino e en Gerona, ambos nas súas primeiras fases e cun investimento conxunto superior ao medio millón de euros.
venres, 24 abr 2015
Tras a celebración este venres da Xunta de Goberno Local, o alcalde de Vigo informou da aprobación da certificación final da cimentación dos nichos no cemiterio de Teis, feito polo Concello pese a ser de titularidade privada, por seguridade e polas condicións económicas dos propietarios, explicou Caballero.