Escoitar

O goberno retoma a humanización de Marqués de Valterra logo de rematar as catas arqueolóxicas

O Concello de Vigo retomará a humanización da rúa Marqués de Valterra unha vez realizadas as catas arqueolóxicas que atrasaron as obras. Tamén se adxudicaron os traballos de reparación do muro na traza do canal de Eiras e as obras do ensanche do estreito da Pividal, na Avenida Santa Marina. que tivo que ser interrompida pola necesidade de realizar catas arqueolóxicas

martes, 5 xan 2016
A Xunta de Goberno local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de humanización da rúa Marqués de Valterra, unha vez realizadas as catas arqueolóxicas que permiten acometer a remodelación con plenas garantías "nunha zona densamente poboada". O alcalde, que prevé que esta humanización estea en marcha antes do outono, tamén deu conta hoxe martes da contratación da reparación do muro na traza do canal de Eiras e as obras de ensanche do estreito da Pividal na avenida de Santa Marina.