Preto de 500 persoas velarán pola seguridade no desfile da Cabalgata dos Reis Magos
As trece carrozas e dous autobuses que conforman a comitiva da Cabalgata xa están preparados para desfilar mañá día 5, se as condicións climatolóxicas o permiten. Cunha movilización de 1.200 persoas, das que 500 velarán pola seguridade, o Concello de Vigo ten todo disposto para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar.
As carrozas da Cabalgata de Reis están rematadas e preparadas para desfilar mañá, tal e como comprobou o rexedor durante unha visita ao recinto feiral do Ifevi na que lembrou que, se as condicións climatolóxicas o permiten, o desfile partirá da rotonda de Isaac Peral ás 18,00 h, en dirección a García Barbón, Policarpo Sanz, Elduayen e Paseo de Alfonso. Previamente, ás 17,00 As Súas Maxestades serán recibidas pola Corporación Municipal na Porta do Sol.
Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán a Vigo pola mañá e as 10,00 visitarán Povisa, ás 11,00 horas, o Hospital Álvaro Cunqueiro. As 12,00 horas, estarán no Auditorio Municipal recibindo aos nenos, con animación e unha cholocatada e a apretada axenda dos Reis Magos seguirá cunha visita ao Centro de Emerxencias para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero e, finalmente, á Residencia Santa Marta de Alcabre.
O rexedor explicou que a comitiva, que este ano se titula Fantasía de luz e son, estará integrada por unhas 1.200 persoas, 13 carrozas, 2 autobueses, 8 grupos de animación e 18 caballos con seus respectivos xinetes. Repartiránse 3 toneladas de caramelos sen gluten e outra tonelada sen gluten nen azucre.
O Concello extremará unha vez máis a seguridade con case 500 efectivos pendentes dun percorrido que estará totalmente valado. Axentes da Policía Local, voluntarios e membros de Protección Civil velarán para que o desfile se realice coas maiores garantías de seguridade. Como todos os anos, estableceránse varios puntos de encoontro para os nenos perdidos (lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e Puerta do Sol) e se establecerá un posto destacado de emerxencias no cruce de Colón con Policarpo Sanz.
Respecto do tráfico, a partir das 10,00 h non se permitirá aparcar vehículos en todo o percorrido, mentres que a partir das 16,00 h, cortarase o tráfico nas rúas principais e nas seguintes adxacentes: Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo; rotonda de San Lorenzo dirección García Barbón; Areal-Oporto, Areal-Paellera; Colón con Areal; Paseo de Alfonso; López de Neira con Doutor Cadaval; Alfonso XIII-Cervantes; Urzáiz-Lepanto; Urzáiz-México; Urzáiz-Vázquez Varela; Miragaia-Rosalía de Castro; Canceleiro-Rosalía de Castro; Oporto-Rosalía de Castro e República Argentina-Uruguay. Tal e como detallou, o único acceso á zona de Areal, Beiramar e Praza de Compostela e Rosaía será a rúa Coruña e a rotonda de Julián Estévez. Ademais, o tráfico pecharase desde a rúa Progreso a Doutor Cadaval e quedará anulada a saída á autoestrada por Isaac Peral.
Descargar todas as imaxes