Escoitar

O Alcalde presentou o novo circuíto de atletismo en pista, que copará Balaídos de xaneiro a xullo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou a primeira edición do Circuíto Concello de Vigo de atletismo en pista.

mércores, 30 dec 2015
1451488965atletismo2.jpg
O rexedor recibiu a unha representación de atletas (Marta Lage, Andrea González, Anxo Pérez e Ana Domínguez) da Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA) e da súa xunta directiva encabezados por Eleuterio García, o seu presidente, así como á atleta Solange Pereira, do Valencia Terra i Mar, tamén participante nas Series Municipais.

O alcalde felicitou aos atletas, aos que considerou "campións" xa polo feito de facer deporte de competición, desexándolles "moita sorte" neste novo formato das probas atléticas en Balaídos.

O circuíto, patrocinado polo Concello e organizado polo AVA, recolle un total de sete xornadas entre xaneiro e xullo, co colofón final marcado para o 9 de xullo, cando se disputará o Gran Premio Cidade de Vigo, que será ademais a oitava proba ou gran final desta liga.

O Concello aceptou a proposta do AVA, a única recibida, ao entendela acorde cos intereses do deporte de formación. O circuíto está dotado ademais con 3.200 euros (homes e mulleres a partes iguais), repartidos en 400 euros por cada un dos catro sectores (agrupación de probas), O campión de cada sector recibirá 150 euros e haberá premios en metálico para os cinco primeiros.

As dúas primeiras xornadas, domingo 3 (10:30 horas) e domingo 10 de xaneiro (11:00), corresponden á tempada de inverno, con probas do programa de pista cuberta. As demais (2 e 16 de abril, 15 de maio, 18 de xuño e 2 de xullo) conterán probas do programa ao aire libre.
Descargar todas as imaxes