O Concello amplía o convenio para remodelar sete campos de fútbol base da cidade
Así o aprobou este martes a Xunta de Goberno Local, un acordo entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra que conlevará a reforma dos recintos das Relfas (Sárdoma-Moledo), A Guía, Meixoeiro, A Bouza, Santa Mariña, San Andrés de Comesaña e de Monte da Mina. O alcalde de Vigo amosou a súa "satisfacción" por un acordo que conleva un investimento entre ambas institucións de case 600.000 euros.
A Xunta de Goberno Local celebrada este martes acordou a extensión do convenio bilateral entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a remodelación de sete campos de fútbol base na cidade, cun investimento de 580.000 euros ao 50% entre ambas administracións.
O alcalde, que deu conta esta mañá do acordo, trasladou a súa "satisfacción" polo contido do mesmo e pola "boa etapa" que atravesan as relacións entre o goberno de Vigo e a administración provincial. O convenio supón a remodelación destes campos de fútbol e a substitución do terreo actual por un novo pavimento de herba sintéctica no Monte da Mina, en Castrelos.
Con relación tamén ao fútbol e froito da cooperación entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, Abel Caballero tamén amosouse satisfeito polo avance da remodelación do estadio municipal de Balaídos, neste momento cun financiamento comprometido por ambas partes superior aos 9,5 millóns de euros. O alcalde avanzou que nun mes "nada será igual" no campo coas obras na bancada de Tribuna, que terán continuidade coa remodelación de Río.