Escoitar

O alcalde invita á cidadanía a participar na festa de fin de ano organizada nas Travesas

Abel Caballero quixo este martes invitar a todos os vigueses e viguesas a achegarse á Praza de América desde as 23 horas do 31 de decembro para celebrar a chegada do novo ano. Con reparto de uvas de balde, o goberno de Vigo, coa colaboración dos comerciantes de Travesas, organiza unha festa na que se agardan entre 5.000 e 10.000 persoas.

martes, 29 dec 2015
Financiada íntegramente polo Concello e coa organización técnica de AETRAVI, a festa de fin de ano da Praza de América agarda, se o tempo é favorable, a presenza de entre 5.000 e 10.000 persoas. Arrancará as 23 horas, con uvas de balde, as campanadas e festa ata a madrugada.