O goberno de Vigo aproba a oferta de emprego de 2015, cun total de 27 prazas

Abel Caballero informou este mércores da aprobación da oferta de emprego público do Concello de Vigo correspondente ao ano que remata, composta por 7 prazas de persoal laboral de promoción interna e outras 20 de persoal funcionaria, das que quince serán de quenda libre. A Xunta de Goberno Local tamén validou a conxelación das tarifas do VITRASA para 2016.

mércores, 30 dec 2015
O alcalde de Vigo informou este mércores da aprobación das 27 prazas de conforman a oferta de emprego público do Concello neste 2015, vinte de persoal funcionario (quince de quenda libre e outras cinco para promoción interna) e sete para persoal laboral de promoción interna.

Por outra banda, Caballero tamén ratificou o acordo do goberno local para conxelar os prezos do autobús urbano de Vigo (VITRASA) para o 2016, tanto na tarifa ordinaria como nas distintas modalidades de tarxeta verde, subvencionadas polo Concello de Vigo. O alcalde recordou que, baixo o seu mandato, o transporte vigués foi conxelado ou incluso abaratado en seis anos.