Abel Caballero apoia o interese de As Neves por integrarse na Área Metropolitana
O rexedor de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, manifestou a vontade do seu concello por integrarse no ente supramunicipal e o seu acordo co borrador de Área Metropolitana defendido por Vigo. O alcalde vigués destacou que xa son 15 os concellos que concordan co texto e anunciou un encontro de todos eles a próxima semana para escenificar esa postura común coa Área Metropolitana.