O alcalde valora a "moi boa acollida" que está tendo o voo de Ryanair con Barcelona
O rexedor informou hoxe da ocupación do primeiro avión entre entre Barcelona e Vigo, que foi dun 92%, e o Vigo-Barcelona que rexistrou un 96% de ocupación o que apunta "a tónica do que vai significar Ryanair" no aeroporto de Peinador que "despega aínda que o proceso require de tempo".
Abel Caballero referiuse este luns á "moi boa acollida" que está tendo o servizo de Ryanair no aeroporto de Peinador desde que comezou a operar o pasado sábado día 2 coa ruta diaria entre Vigo e Barcelona. O rexedor informou de que o primeiro voo que partiu desde Barcelona cara a cidade olívica tivo un 92% de ocupación e o traxecto Vigo-Barcelona rexistrou un 96% de ocupación ese mesmo día "e esta ocupación total é a tónica do que vai significar Ryanair operando en Vigo".
A esta ruta de Ryanair entre Vigo e Barcelona súmase a partir do 1 de abril a que unirá Peinador con Boloña e dende o 7 de abril, funcionará o traxecto Vigo-Dublín, aos que se engadirán os voos con Milán e Edimburgo a partir de 2017.
Nestes momentos Vigo dispón de conexión directa con Valencia, Ibiza, Palma de Mallorca, Madrid, Barcelona, Bilbao, Gran Canaria, Sevilla, Londres, Málaga, Bruselas, Roma, Alicante, Menorca, Tenerife, Dublín, Bolonia, Milán, Edimburgo e "seguramente París" en palabras do alcalde para o que isto implica que "o aeroporto despega pero hai que ser realista e o proceso require de tempo polo dano feito pola Xunta de Galicia ao subvencionar os voos desde Santiago e Coruña que foi moi forte. Agora competimos en igualdade de condicións, nós con legalidade absoluta, xa que todas as rutas saen a concurso e son públicas; somos os únicos que o facemos".