Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 17 dec 2015
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 18 DE DECEMBRO DE 2015.


1.- Acta da sesión ordinaria e extraordinaria e urxente do 4 de decembro de 2015.

CONTRATACIÓN
2.- Resolución de oficio do contrato de obras de "reforma da cuberta de Río e consolidación estrutural no Estadio de Balaídos. Fase 1". Expte. 5413/241.

CULTURA
3.- Dar conta da relación de expedientes de contratación de gasto menor realizados polo Servizo de Cultura e Bibliotecas nos meses de abril a novembro de 2015. Expte. 15175/331.

EDUCACIÓN
4.- Certificación final de obras para a execución do proxecto de "Obras de Accesibilidade ós Colexios públicos". Expte. 16199/332.

5.- Prórroga do contrato do Servizo de Limpeza de colexios públicos e escolas municipais do Concello de Vigo. Expte. 11548/332.

6.- Rectificación de erros no expediente de indemnización substitutiva a favor de Gas Natural S.U.R polo subministro de gas natural para calefaccións centralizadas dos centros de ensino público de educación infantil e primaria e escolas municipais, aprobado en X.Goberno do 30.10.15. Expte. 17320/332.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
7.- Dar conta da relación de expedientes de contratación tramitados polo réxime de contrato menor no Servizo de Normalización Lingüística durante o mes de novembro de 2015. Expte. 2033/334.

POLICÍA LOCAL
8.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados pola Policía Local correspondente ao 4º trimestre do ano 2015. Expte. 46134/212.

RECURSOS HUMANOS
9.- Aboamento de devengos retributivos en concepto de diferencia de función por nomeamento accidental como Tesoureiro Municipal a D. Luis García Álvarez. Expte. 27200/220.
10.- Produtividade de diversos funcionarios por encomenda de funcións correspondente ao 3º trimestre 2015. Expte. 27228/220.

11.- Produtividade a D. Eduardo Casalderrey Sanmartín correspondente ao ano 2015. Expte. 27338/220.

12.- Aboamento de axudas para fins culturais e deportivos- ano 2015. Expte. 27308/220.

13.- Proposta de aprobación de "criterios de xestión das listas de reserva derivadas da execución das ofertas de emprego público e convocatorias públicas de emprego do Concello de Vigo". Expte. 26797/220.

14.- Dar conta de Resolucións do concelleiro delegado de Xestión municipal e Persoal:

a) Liquidación intereses no procedemento abreviado 457/2014 do Xdo. Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo (Etelvino Ruíz Pérez) Expte. 27347/220; e Execución da Sentenza 550/2015 do Xdo. Social nº 5 no procedemento ordinario 610/2014 en materia de cantidades (Verónica Costas Rodríguez). Expte. 27428/220.

b) Declaración de xubilacións de: D. Xosé Antón Guisande Oleiro (Expte. núm.: 27021-220) e D. Emilio Iglesias Álvarez (Expte. núm.: 27402-220).

SERVIZOS XERAIS
15.- Certificación final das obras do proxecto de "terminación das obras de humanización da avda. Hispanidad (entre Gran Vía e Zamora)". Expte. 2830/440

TRANSPORTES
16.- Indemnización substitutiva por importe de 40.784,43 € a favor de Interparking Hispania S.A. polos servizos de apoio á xestión do aparcamento sito no subsolo da Praza de Portugal- outubro 2015. Expte. 886/449.


VIAS E OBRAS
17.- Reaxuste de anualidades do contrato de "subministración de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas para o Taller de Vías e Obras da Área de Fomento do Concello de Vigo". Expte. 68814/250.

18.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de decembro de 2015, ás 8,45 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á Secretaria do Goberno e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 16 de decembro de 2015.


O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Olga Alonso Suárez.