Xunta de Goberno Local
O goberno local dota de xogos aos parques infantís de Teixugueiras, Navia e Praza da Independencia
mércores, 9 set 2015O alcalde informou dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local extraordinaria deste mércores na que se aprobou o Plan de seguridade e saúde que inclúe a instalación de elementos para os máis cativos nos parques e na que se deu luz verde ao expediente de adquisición de 1.600 entradas para os partidos do Celta en Balaídos, que o Concello entrega a escolares, voluntarios e colectivos desfavorecidos por un valor de 153.000 euros.
O goberno de Vigo renova o acordo para entregar de balde 1.600 entradas aos partidos do Celta
venres, 4 set 2015Abel Caballero informou deste acordo adoptado este venres en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. O Concello dá continuidade unha temporada máis a este programa, que permite o acceso a Balaídos de principalmente escolares de Primaria e persoas con menos recursos, ademais de discapacitados e voluntarios.
O goberno de Vigo facilita a contratación de 38 profesionais de apoio ao comercio e ao deporte
martes, 28 xul 2015Segundo informou este martes o alcalde, a Xunta de Goberno Local aprobou os convenios coas asociacións de comerciantes Zona Centro e Zona Príncipe, dentro do Plan de Emprego municipal, para a contratación de 7 e 6 traballadores, respectivamente. O goberno de Vigo tamén acordou outorgar subvencións a 8 entidades deportivas sen ánimo de lucro, facilitando a contratación de 25 profesionais.