O Concello destina 70.000 euros á educación de adultos e 30.000 ao fomento do emprendemento
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras para as subvencións de fomento do emprego en contornas colaborativas, o denominado coworking, cunha partida de 30.000 euros que se ampliará se fose necesario, segundo anunciou o alcalde. Caballero avanzou tamén a aprobación do expediente de contratación do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas e o expediente do servizo de mantemento e conservación do Parque do Castro.
O alcalde informou este xoves da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local do expediente de contratación, por procedemento aberto, dos servizos do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas, que comprende cursos lectivos de oito meses por un importe de 70.000 euros, a razón de 38.000 euros anuais. A formación oriéntase ao logro de habilidades de lectoescritura e "de coñecemento cultural" entre o alumnado que carece destas competencias e que, segundo o rexedor, teñen un obxectivo básico que é poder "ler o xornal", polo que "seguiremos adiante" con este programa.
Subvencións ao fomento do emprego en espazos colaborativos
Ademais a Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras para as subvencións de fomento do emprego mediante o emprendemento en contornas colaborativas que se enmarcan no obxectivo do goberno local de "empezar a implementar con máis intensidade o coworking, sen descartar convenios de colaboración con outras institucións" para desenvolver esta forma de desenvolver o traballo e a actividade empresarial de forma innovadora. Inicialmente destínanse 30.000 euros a estas subvencións pero, segundo sinalou Abel Caballero, ampliaríanse se fose preciso.
Tamén quedou aprobado o expediente de contratación do servizo de mantemento e conservación do Parque do Castro, que ten unha duración de tres anos, cun importe de 42.000 euros no ano 2016 e 127.000 no vindeiro ano 2017.