Escoitar

Caballero e Pedrosa acordan levar ao Pleno do Consorcio unha proposta para que Zona Franca constrúa a grada de Marcador

O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves que Concello e Zona Franca alcanzaron un preacordo sobre cómo avanzar para que o Consorcio asuma a construción da grada de Marcador e dun aparcamento en Balaídos, tal e como lle solicita o Concello. Tal e como explicou Caballero en rolda de prensa, a delegada do Consorcio trasladoulle a súa vontade de cooperar coa reforma do estadio de fútbol.

xoves, 2 xuñ 2016
1464871382pedrosa.JPG
Abel Caballero e Teresa Pedrosa acordaron esta mañá a forma de avanzar para que Zona Franca constrúa finalmente a grada de Marcador e un aparcamento en Balaídos. O alcalde levará unha proposta ao seguinte Pleno do Consorcio -nuns dez días- para seguir a traballar no encaixe e serán os xurídicos os que determinen as fórmulas desa cooperación.

Tal e como explicou Caballero, a delegada trasladoulle a súa vontade de asumir estas obras nun encontro que se desenvolveu "en maior clima de cercanía". En rolda de prensa, o alcalde amosou o anteproxecto que o Concello enviou á Zona Franca en agosto do ano pasado e deu conta de sete encontros nos que técnicos municipais e do Consorcio traballaron sobre ese documento. A delegación municipal está encabezada polo funcionario público José Riesgo, secretario do Concello, detallou.

Outro dos asuntos que abordaron Caballero e Pedrosa foi o convenio entre a Universidade e Zona Franca, para que a institución académica empece a ocupar a Cidade do Mar, segundo un proxecto que arrancou hai sete anos. En opinión de Caballero, a Xunta incumpliu todos os seus compromisos na ETEA e agora Zona Franca ten que facerse cunha parte de solo para cederlla á Universidade. En todo caso, o alcalde trasladou o apoio do Concello ao acordo alcanzado entre o Consorcio e a Universidade.
Descargar todas as imaxes