venres, 3 xuño 2016

O XII Festival Imaxinasons programa en Vigo nove días de jazz de calidade con artistas galegos e internacionais

venres, 3 xuñ 2016

O alcalde, acompañado pola directora artística do Festival de Jazz de Vigo, Lucía Martínez, e polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, destacou a calidade musical do Imaxinasons que, sendo un proxecto integramente municipal, é xa unha "referencia cultural urbana da cidade" querendo ser unha "peza esencial do desenvolvemento do jazz en Galicia". O programa para o que se destinan 150.000 euros, un 15% máis ca na edición anterior, desenvólvese dende o 1 ata o 9 de xullo en diferentes espazos vigueses.

O goberno local apoia o labor solidario do proxecto vigués "En Moto polo refuxiado"

venres, 3 xuñ 2016

O alcalde recibiu este venres aos responsables de "En Moto polo Refuxiado", unha serie de accións coas que queren amosar a solidariedade da cidade coas persoas refuxiadas e captar fondos para prestarlles axuda. O proxecto recibiu o respaldo do rexedor que apuntou que Vigo "quere que haxa futuro de acollida para a xente que o precisa e que acode a Europa" na procura de axuda. <br />