luns, 30 mai 2016
A aprobación definitiva do novo regulamento orgánico do Pleno vigués saíu adiante este luns cos votos do goberno de Vigo e a negativa de PP e Marea. Carlos Font defendeu un texto "máis avanzado en transparencia", que inclúe o 35% das emendas presentadas e que "garante o desempeño das funcións dos concelleiros"
luns, 30 mai 2016
O Pleno aprobou este luns a declaración de Zona de Gran Afluencia Turística da cidade, en cumprimento dun decreto lei do Goberno de España censurado polo goberno de Vigo. O edil de Comercio, Ángel Rivas, asegurou que recabou o apoio de 18 asociacións e dos sindicatos na delimitación das áreas de libre comercio.
luns, 30 mai 2016
A Corporación tomou coñecemento do informe correspondente ao primeiro trimestre do ano, que certifica que Vigo está por debaixo da media das urbes españolas e revalida como a mellor cidade galega no pago aos provedores. Segundo revelou o concelleiro de Facenda, o Concello abona oito días antes de que empece a computar o prazo máximo de pago a provedores.
luns, 30 mai 2016
Durante a presentación da campaña "Atlantico Express. Viaxando cos Festivais Rías Baixas" da Deputación de Pontevedra, o rexedor salientou o papel da música para estreitar relacións, tal e como pretende este evento de promoción dos festivais de verán da provincia, que esta fin de semana se desenvolve no tren da ruta Vigo-Oporto.