xoves, 2 xuño 2016

Caballero e Pedrosa acordan levar ao Pleno do Consorcio unha proposta para que Zona Franca constrúa a grada de Marcador

O alcalde de Vigo avanzou hoxe xoves que Concello e Zona Franca alcanzaron un preacordo sobre cómo avanzar para que o Consorcio asuma a construción da grada de Marcador e dun aparcamento en Balaídos, tal e como lle solicita o Concello. Tal e como explicou Caballero en rolda de prensa, a delegada do Consorcio trasladoulle a súa vontade de cooperar coa reforma do estadio de fútbol.

O Concello destina 70.000 euros á educación de adultos e 30.000 ao fomento do emprendemento

xoves, 2 xuñ 2016

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases reguladoras para as subvencións de fomento do emprego en contornas colaborativas, o denominado coworking, cunha partida de 30.000 euros que se ampliará se fose necesario, segundo anunciou o alcalde. Caballero avanzou tamén a aprobación do expediente de contratación do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas e o expediente do servizo de mantemento e conservación do Parque do Castro.

O alcalde anima a participar este domingo na Pedaliña, en favor de UNICEF

xoves, 2 xuñ 2016

Abel Caballero invitou á cidadanía a sumarse esta fin de semana á Pedaliña, que programa actividades lúdicas e formativas este sábado no Castro e, o domingo, unha marcha ciclista de 21 quilómetros pola cidade. Coa participación de COGAMI e de carácter solidario, o rexedor eloxiou a "mezcla de vida saudable, de actividde deportiva e de atención a UNICEF" que propón a Pedaliña.