Escoitar

O goberno local apoia o labor solidario do proxecto vigués "En Moto polo refuxiado"

O alcalde recibiu este venres aos responsables de "En Moto polo Refuxiado", unha serie de accións coas que queren amosar a solidariedade da cidade coas persoas refuxiadas e captar fondos para prestarlles axuda. O proxecto recibiu o respaldo do rexedor que apuntou que Vigo "quere que haxa futuro de acollida para a xente que o precisa e que acode a Europa" na procura de axuda. <br />

venres, 3 xuñ 2016
1464960854motos.JPG
Abel Caballero reuniuse este venres cos responsables do proxecto solidario "En Moto polo Refuxiado" que lle presentaron as actividades que teñen previstas para captar fondos para axudar ás persoas refuxiadas.

Este grupo de moteiros vigueses, conformado por "xente nova, estudantes", organizan a próxima fin de semana unha concentración moteira en Castrelos que percorrerá a cidade, viaxando ata Baiona e regresando a Vigo cun concerto como peche da xornada. Ademais, realizarán actuacións musicais polas rúas viguesas para concienciar á cidadanía sobre a necesidade de axudas ás persoas que sofren as consecuencias da guerra.

Abel Caballero amosou "o apoio incondicional" do Concello a este proxecto para facer visible dende Vigo que "queremos que caian as fronteiras de Europa para os refuxiados, que queremos que haxa futuro de acollida para a xente que o precisa e acode a Europa buscando solidariedade".
Descargar todas as imaxes