martes, 29 xuñ 2021
O alcalde supervisou esta mañá o inicio dos traballos de demolición do antigo aparcamento de Porta do Sol para poder seguir avanzando na construción do túnel. Desde hoxe unha grúa de 220 toneladas situada na zona do Sireno permitirá retirar a estrutura existente.
luns, 28 xuñ 2021
Nun acto celebrado este luns na estación Vialia, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, explicou que o estudo hidroxeolóxico recolle a “idoneidade do trazado” do AVE polo que non se prevén contraindicacións do informe de impacto ambiental. Amais, o 2 de xullo o Ministerio abre as ofertas económicas para a redacción dos proxectos construtivos da saída sur de Vigo.
venres, 25 xuñ 2021
O alcalde deu conta este venres da aprobación en Xunta de Goberno Local da contratación das obras de mellora do firme en varias vías do rural, por 184.000 euros, e das obras de humanización do Camiño da Pomba por 153.000 euros. Amais, o Concello aceptou a doazón da biblioteca persoal de Darío Álvarez Basso á Emao.
xoves, 24 xuñ 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a contratación, por procedemento aberto, das obras de execución do proxecto de rexeneración da fronte marítima de Bouzas cun orzamento de 3.759.000 euros. “Unha actuación excepcional” que permitirá, segundo o alcalde, “facer un Bouzas máis atractivo para a xente, humano e humanizado”.
venres, 18 xuñ 2021
O importe previsto das obras é de 300.000 euros.
luns, 14 xuñ 2021
O Concello acomete a segunda fase da mellora da Avenida, desta volta no tramo comprendido entre as rúas Zamora e Pintor Colmeiro. Cun orzamento de 772.000 euros, Caballero afirmou que a obra concluirá en catro meses e posteriormente o goberno que dirixe prolongará a humanización ao resto de Hispanidade.
venres, 11 xuñ 2021
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto que permitirá estender as ramplas mecánicas da Gran Vía ata case a Praza de España. Cun orzamento de 4,3 millóns de euros, está previsto colocar outras dúas cintas mecánicas, unha desde Venezuela ata Bolivia e unha segunda, ata Nicaragua.
venres, 11 xuñ 2021
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de obras de humanización da fase VI da rúa Aragón, que rematará a súa renovación total. Amais, quedou adxudicada a mellora de firmes en 14 vías do rural por 1 millón de euros.
venres, 11 xuñ 2021
O orzamento das obras da Praza da Estación e Baixada á Estación supoñen un investimento de 1.900.000 euros.
mércores, 9 xuñ 2021
O alcalde participou este mércores no acto simbólico de colocación da primeira pedra das obras de humanización das dúas rúas e apuntou o inicio dos traballos en Hispanidade. O goberno de Vigo ten 90 proxectos en marcha por valor de 100 millóns de euros.